Rouban a bandeira azul da praia de Aguete
Por Oskar Viéitez
A praia de Aguete loce este luns sen a súa Bandeira Azul. Non é que lle fora retirado este distintivo ambiental ao areal marinense senón que alguén o roubou.
Desde o inicio da tempada ondeaba esta bandeira no mastro da praia.
Na tarde do domingo os socorristas encargados de izar e baixar a insignia de cada unha das praias, atopáronse con que desaparecera a de Aguete.
Desde o Concello de Marín solicitaron outra bandeira nova para o resto da tempada e que poida lucirse de novo en Aguete.