O Concello de Poio valora moi positivamente a última edición da Festa do Mar
Por Redacción
O Concello de Poio fixo unha valoración "moi positiva" desta XIX edición da Festa do Mar que celebrouse en Combarro desde o 21 ata o 25 de agosto.
O goberno local móstrase "moi satisfeito" co desenrolo e acollida de todas as actividades que tiveron lugar durante os cinco días festivos, así como coa "grandísima afluencia de público" acadada no amplo abano de actividades organizadas ao longo destas cinco xornadas.
O Concello destacou a boa acollida das dúas xornadas do Festival Infantil Chalaniña, así como a sétima Edición da Mostra da Canción Mariñeira, que viviu o seu momento máis álxido na súa derradeira xornada cunha carpa ateigada de xente cantando. Nesta Edición da Mostra da Canción Mariñeira participaron un total de 12 grupos procedentes de toda a provincia de Pontevedra.
Outros dos eventos xa máis arraigados na Festa do Mar foi a celebración da XXIV Concentración de Embarcacións Tradicionais que contou cun total de 34 embarcacións de Galicia e Portugal entre as que destacaron as dornas, catraias e galeóns.
Nos concertos nocturnos celebrados na Praza da Chousa, os que acadaron unha maior afluencia de público foron as actuacións de Eleni Foureira e David de María na gala celebrada o 22 de agosto e o concerto dos Heredeiros da Crus dentro do Festival Armadiña Rock Estrella Galicia.
En relación á Mostra Gastronómica celebrada no Peirao da Canteira, achegáronse milleiros de visitantes e turistas atraidos pola calidade e variedade da oferta presentada. En canto a procedencia dos visitantes nacionais destacaron os procedentes da provincia de Pontevedra que representaron un 19,54 %, de Madrid cun 16,31%, de A Coruña cun 10,46 %, Álava cun 5,63 % e Barcelona cun 3,99 %. A porcentaxe de visitantes estranxeiros acadou un 4,20 %. Destacando significativamente os procedentes de Portugal e Francia.
O consumo realizado na carpa gastronómica viviu un incremento das vendas do 21,97 % con respecto ao ano pasado. Facendo unha recadación total de 63.715,50 euros.
Entre os pratos máis demandados destacaron as 1.438 racións de ameixa babosa da ría de Pontevedra cociñadas en distintas modalidades, así como as 869 racións de polbo e as 620 racións de mexillón.
Por último, dende a Concellaría de Seguridade Cidadán fixeron un resumo das principais incidencias rexistradas ao longo das cinco xornadas destacando un total de 26 asistencias médicas, 31 obxectos perdidos recollidos dos que 15 xa foron entregados e 3 intoxicacións etílicas.
Relacionadas:
-
Armadiña Rock 2020 xa ten datas: do 21 ao 23 de agosto
Por Redacción |
-
O Armadiña Rock saca peito do éxito dunha edición con máis de 25.000 espectadores
Por Redacción |
-
A "millennial" Festa do Mar abre as súas portas disposta a bater récords
Por Anxo Lourido |
-
Operativo especial de tráfico con motivo das festas en Combarro
Por Redacción |