Dous detidos, un deles menor, por vender marihuana, fungos alucinóxenos e outras drogas sintéticas durante o Armadiña Rock
Por Redacción
A Policía Local de Poio dúas persoas, unha delas menor de idade, como presuntas autoras dun delito contra a saúde pública por presuntamente vender drogas durante o Festival Armadiña Rock que se celebrou durante a pasada fin de semana en Combarro. Vendían marihuana, fungos alucinóxenos e outras drogas sintéticas.
Segundo a información facilitada pola Policía Local, estas detencións enmárcanse no plan de seguridade establecido para o festival, no que se realizou unha especial vixiancia e control da venda de drogas, estupefacientes, psicotrópicos e demais substancias prohibidas.
A detención tivo lugar na madrugada do domingo despois de que unha patrulla identificase, sobre as 1.50 horas, dúas mulleres que portaban entre os seus enseres varios envoltorios de fungos alucinóxenos e marihuana.
Despois de facer varias pesquisas, os axentes descubriron a procedencia da marihuana e dos cogumelos. Un home e unha muller vendían as substancias na zona de acampada do festival e durante a durante os concertos na praza da Chousa.
Estas persoas levaban un cartel ofrecendo bebidas -'Se venden bebidas frías'- e a Policía Local logrou detelos sobre as 2.20 horas desa mesma noite. Un deles era un menor de 17 anos ao que incautaron 11 envoltorios de fungos alucinóxenos que fan un total de 22 gramos preparados para a súa venda, unha bolacha de marihuana de 20 gramos, seis envoltorios de seis gramos de marihuana, tamén preparados para a venda. Tamén lle interviñeron 294,48 euros supuetamente procedentes da venda.
A outra identificada foi unha muller de 25 anos a que se lle incautaron 22 envoltorios de fungos alucinóxenos que fan un total de 51 gramos, 17 envoltorios de marihuana que fan un total de 40 gramos, un envoltorio de speed de 0,5 gramos, dúas porcións de haxix de 4,6 gramos, un envoltorio de planta ruda de 10 gramos, un envoltorio de MDMA con 2 comprimidos E unha pílula de plástico en pó con MDMA de 0,5 gramos. en total, preparadas para a venda. Tamén lle interviñeron 207,91 euros.
Os dous son veciños de Betanzos e foron detidos por un presunto delito contra a saúde pública e o casu remitiuse ao Xulgado de Garda e á Fiscalía de Menores.
Relacionadas:
-
A Garda Civil confisca unha plantación de marihuana no Grove
Por Redacción |
-
O Armadiña Rock saca peito do éxito dunha edición con máis de 25.000 espectadores
Por Redacción |
-
A Garda Civil denunciou dous mozos que portaban tres armas brancas prohibidas a fin de semana en Poio
Por Redacción |
-
A Polcía Local de Poio busca os donos de objetos perdidos nos concertos do Armadiña Rock
Por Redacción |
-
Operativo especial de tráfico con motivo das festas en Combarro
Por Redacción |