Os campamentos de conciliación rematarán cunha gran festa
Por Almu Dapena
O verán chega ao seu fin e con el, os campamentos.
É por iso, que o Concello de Marín organizou unha gran festa para dar por rematados os campamentos de conciliación.
O gran evento celebrarase o venres 30 de agosto, coincidindo co último día de campamento, a partir das 11:30 horas nas instalacións do CEP Sequelo e finalizará sobre as 13:30 horas cun pequeno petisco para todos os participantes.
Ademais,, durante a festa realizaranse xogos de enxeño, deportivos, actividades con fondo musical e unha festa da escuma para que os nenos e as nenas que participaron en todas as quincenas, tanto dos campamentos rurais como os urbanos, poidan despedir o verán ao grande.