O goberno local mantén a súa postura: a ponte do Burgo permanecerá pechada ata outubro
Por Redacción
A pesar do inicio dunha campaña de recollida de firmas nos establecementos da Rúa Real e das queixas da directiva da asociación Centro Comercial Zona Monumental, o Concello de Pontevedra mantén a súa decisión de pechar completamente a ponte do Burgo ata o mes de outubro.
O concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, sinalaba este martes que o obxectivo deste peche temporal é que se axilicen os traballos dunha obra de máis de 2,5 millóns de euros orzamentados e, deste xeito, se poida certificar o próximo mes de febreiro.
Esta obra atópase financiada polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e debe cumprir os prazos de finalización en febreiro de 2020. Por este motivo, segundo explica o concelleiro, foi necesario evitar o paso pola instalación para garantir a seguridade dos peóns, xa que aínda non están instaladas as varandas, e para imprimir maior ritmo á intervención, de forma que se poida certificar no prazo que esixe a Unión Europea para poder conceder os fondos.
Demetrio Gómez pediu desculpas polos inconvenientes que supón este medida pero, aclarou, que non se pode volver atrás. Segundo as previsións do Concello, a mediados de outubro está previsto que se poida abrir a ponte ao tráfico peonil e se os traballos avanzan a bo ritmo, mesmo se podería adiantar esa data.
Relacionadas:
-
Os peóns estrean a nova ponte do Burgo
Por Almu Dapena |
-
Confían en poder reabrir o venres a ponte do Burgo ao tránsito peonil
Por Alejandro Espiño |
-
Dous carrís da avenida de Bos Aires pecharanse ao tráfico durante a instalación do paso elevado na Ponte do Burgo
Por Redacción |
-
Comerciantes da Rúa Real recollen sinaturas para reclamar a apertura peonil da ponte do Burgo
Por Redacción |
-
Comezan os primeiros traballos na cabeceira norte da Ponte do Burgo
Por Redacción |
-
Zona Monumental, molesta co peche peonil da ponte do Burgo durante tres meses
Por Redacción |
-
O goberno local calcula que a ponte do Burgo permanecerá pechada ao paso ata outubro
Por Redacción |