Almoradí interésase pola iniciativa dos camiños escolares de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu este mércores a Susana Miralles, concelleira de Educación do concello alicantino de Almoradí que se achegou á cidade do Lérez para coñecer a súa mobilidade e, fundamentalmente, os camiños escolares.
Susana Miralles explicou que no seu municipio queren pór en marcha esta iniciativa.
Este concello alicantino de 20.000 habitantes e a Boa Vila teñen un amigo común: Francesco Tonucci que o pasado mes de novembro estivo na localidade e lles recomendou visitar Pontevedra, por ter un modelo de cidade moi pensado na infancia "y es un ejemplo a empezar a imitar", explicou a concelleira.
Logo da conversa co alcalde de Pontevedra a concelleira dixo que "me voy con la idea de que las calles anchas de Almoradí no son para mejorar el tráfico, si no que son mejores para las personas. Las personas primero".
Susana Miralles e os seus acompañantes estiveron acompañados polo intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle, na súa visita á cidade.
Relacionadas:
-
O 73% do alumnado, seis puntos máis que no 2013, acode a pé aos colexios do centro de Pontevedra
Por Manu Otero |
-
A preocupación polo cambio climático aumenta os convites internacionais a Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Buscan a experiencia de Pontevedra para frear o "efecto Glasgow" e que morrer novo deixe de ser a norma
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |