A Policía Local de Sanxenxo dispoñerá dun novo furgón
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo asinou un convenio de colaboración con Vicepresidencia e Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia para a adquisición e equipamento dun novo vehículo para a Policía Local.
Trátase dun furgón que estará destinado a labores de protección do medioambiente e información á cidadanía.
Este mércores licitouse a compra.
O orzamento de licitación ascende a 86.823,68 euros, dos cales 60.000 serán asumidos pola Xunta de Galicia e o resto por fondos propios municipais.