A veciñanza de Raxó maniféstase este sábado en defensa das festas da parroquia
Por Redacción
Máis de 200 veciños, segundo a organización, acudían á asemblea celebrada este mércores no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó. Alí os responsables da comisión de festas expuxeron o seu malestar ante a falta de apoio por parte do Concello de Poio para celebrar a Festa da Saleta.
Ante esta situación, os asistentes decidiron de maneira unánime levar a cabo unha manifestación este sábado 31 ás 19.30 horas desde a Igrexa ata o porto de Raxó en defensa da celebración da Festa da Saleta e en apoio ao traballo que leva a cabo a comisión de festas.
Os veciños pregúntanse por que o Concello incrementa a achega económica a determinadas festas mentres que en Raxó se nega a colaborar e reclaman 400 euros polo dispositivo policial necesario para o evento. "Xa é o colmo", afirma o presidente da comisión de festas do Raxó C. F., Javier Herrero.
As persoas que acudiron á asemblea van esixir ao Concello de Poio que manteña a colaboración de 2018 para que se poida celebrar, explica Javier Herrero. Propoñen, ademais, que se estableza unha liña de subvencións con criterios obxectivos aos que poidan presentarse todas as asociacións en igualdade de condicións.
O orzamento das festas é próximo aos 60.000 euros. Segundo expón Herrero, en 2018 preto do 90% do orzamento foron achegas veciñais, de empresas e fondos adquiridos a través da venda de rifas, carteis e lotería, dentro do traballo que desenvolve a comisión de festas.
Relacionadas:
-
Raxó maniféstase para "facer unhas festas á altura da parroquia"
Por Diego Torrado & Redacción |
-
O Concello de Poio achegará 6.000 euros para as Festas da Saleta, en Raxó
Por Redacción |
-
Aprazan a festa do Día de Colón por falta de diñeiro
Por Redacción |
-
O Concello de Poio creará unha liña de subvencións para os eventos festivos e culturais
Por Oskar Viéitez |
-
Os veciños de Raxó decidirán en asemblea se adoptan medidas de presión ante o Concello polas festas
Por Oskar Viéitez |
-
Cabreo na Comisión de Festas do Raxó FC ao rebaixar o Concello a súa achega económica
Por Redacción |