Medio Ambiente acondicionará o Roteiro dos Carballos de Aldariz
Por Almu Dapena
Co obxectivo de poñer en valor os elementos de gran valor cultural, etnográfico e histórico, o Concellería de Medio Ambiente investirá un total de 11.300 euros no acondicionamento da mellora do Roteiro dos Carballos de Aldariz.
Creada hai 19 anos o seu mantemento foi existente ao longo destes anos polo que se atopa sen sinalización e cos elementos totalmente deteriorados.
É por iso, que o Concello de Sanxenxo instalará 37 postes indicadores do camiño; sete postes con frechas indicativas de dirección; tres paneis informativos ao comezo, medio e final do roteiro e tres mesas interpretativas en función do elemento para destacar.
O roteiro, que conta con seis quilómetros de percorrido, atravesa as parroquias de Padriñán e de Bordóns, e conecta importantes puntos de patrimonio histórico, artístico e cultural entre os que se atopan o Con da Ventureira, e a igrexa, muíños e lavadoiro de Bordóns.
Con este percorrido, Sanxenxo conta con outros seis sendeiros recoñecidos co distintivo azul de AEDAC que en total suman máis de 24 quilómetros ao longo do litoral da ría de Pontevedra.