O educador canino, Diego Álvarez, completa con esta entrega de Podcans o contido dedicado á alimentación dos cans. No anterior programa abordaba a fisioloxía do can; para entender que é o que mellor e peor dixiren e como o fan, atendendo ao funcionamento dos seus órganos.
Neste último podcast desmente mitos ao redor da alimentación natural, unha dieta menos frecuente que a baseada nos pensos. Exemplos de máximas falsas é que "a carne volve agresivos aos cans", contrariamente a iso afirma que "diminúe a agresividade pola inxestión de triptófanos que conlevan". De igual forma expón os beneficios que a alimentación natural proporciona a un can a todos os niveis.
Como recomendación semanal, Diego Álvarez remite nesta ocasión a unha páxina web para aqueles que queiran saber máis sobre o coidado dos seus cans: naturzoo.com da dietista e nutricionista veterinaria Verónica Vicent. Para completar, a imaxe que acompaña en PontevedraViva Radio e PontevedraViva o programa, volve ser a de Flor unha cadela mestiza de sete anos, de tamaño pequeno, que socializa ben con cans e persoas, pero non con animais de granxa. Está esterilizada e quen teña interese pola súa adopción ou acollida pode chamar á Protectora Palleiros ao 657 023 831.