Os socialistas do Salnés estudan accións legais contra o bloqueo de Gonzalo Durán á Mancomunidade
Por Oskar Viéitez
Os alcaldes e representantes municipais dos oito concellos do Salnés puxeron en mans dun bufete de avogados a situación na que se atopa a Mancomunidade do Salnés debido á negativa do presidente en funcións, Gonzalo Durán, a convocar o órgano para constituír a nova Corporación.
Os resultados das pasadas eleccións de maio implican que o popular perde a presidencia do organismo.
Os socialistas mantiveron este venres unha reunión cos asesores xurídicos para decidir as accións a adoptar para desbloquear a situación e conseguir que o organismo supramunicipal volva a estar operativo e conformado segundo o mandato da cidadanía.
Na reunión deste venres cos avogados participaron alcaldes e concelleiros dos concellos de Vilagarcía, A Illa, Meis, Ribadumia, Cambados, O Grove, Vilanova, Meaño e Sanxenxo.