O Concello de Poio achegará 6.000 euros para as Festas da Saleta, en Raxó
Por Redacción
O Concello de Poio ven de comunicar que manterá a subvención que foi proposta polo concelleiro de Festexos, Xosé Luis Martínez Blanco, nas reunións mantidas nestas últimas datas con membros da comisións de festas de Raxó.
Segundo informaron dende o Goberno local, esta axuda consiste en facer fronte por parte do Concello a facturas por un valor de 6.000 euros, ademáis de poñer a disposición por parte desta administración dos medios humanos necesarios para a realización deste tipo de eventos.
O Goberno local sinala que o Concello xa colaborou nas festas de San Gregorio que se celebran na parroquia de Raxó coa cantidade de 6.700 euros, segundo consta na contabilidade municipal, e tamén colaborou con outras festas da parroquia aínda non cuantificadas como o Santiaguiño ou o Sacramento.
Ademáis Xosé Luis Martínez quixo deixar claro que "non se pasará ningunha factura por calquera servizo público de persoal do Concello como nunca se fixo en ningún tipo de evento deste tipo, nin de calquera outro".
O edil nacionalista engadiu que "o Concello ten a obriga , e así ó intentamos facer, de ter limpo os lugares de celebración de eventos, antes e despois da celebración dos mesmos. Así como, de velar pola seguridade viaria dos mesmos coa Policía e coa axuda inestimable dos voluntarios de Protección Civil".
Finalmente o concelleiro de Festexos sinala que "dende o Concello intentamos dar cobertura a todos os eventos tanto deportivos, festivos e culturais que se celebran no noso municipio, sendo maioritariamente os patrocinadores principais dos mesmos e que seguiremos colaborando, na medida do posible, con todas estas iniciativas".
Relacionadas:
-
París de Noia inaugurará as Festas da Saleta en Raxó
Por Redacción |
-
Os voluntarios de Protección Civil de Poio, condecorados coa placa de Ouro ao Mérito
Por Almu Dapena |
-
Raxó maniféstase para "facer unhas festas á altura da parroquia"
Por Diego Torrado & Redacción |
-
A veciñanza de Raxó maniféstase este sábado en defensa das festas da parroquia
Por Redacción |
-
O Concello de Poio creará unha liña de subvencións para os eventos festivos e culturais
Por Oskar Viéitez |
-
Os veciños de Raxó decidirán en asemblea se adoptan medidas de presión ante o Concello polas festas
Por Oskar Viéitez |
-
Cabreo na Comisión de Festas do Raxó FC ao rebaixar o Concello a súa achega económica
Por Redacción |