Marín encherase de música durante as festas da Virxe do Porto
Por Almu Dapena
O Concello de Marín celebrará durante os días 6, 7 e 8 de setembro as festas da Virxe do Porto.
As festas comezarán o venres a partir das 18:00 horas coa presentación das escolas deportivas municipais que encherán a Alameda con xogos deportivos. A continuación, Mais Cantos percorrerá cálelas marinenses e, para pechar o día, o grupo local The Legends actuará na Alameda ás 22:30 horas.
Ao día seguinte, o sábado 7 de setembro ás 9:30 horas, celebrarase o I Tríatlon de Menores no peirao de Aguete.
Ese mesmo día ás 18:30 horas, realizarase a recepción no Concello dos grupos que participen no VIII Memorial Antonio Fernández e, a continuación, desfilarán ata a Alameda para gozar da homenaxe organizada por Chaneiros. O memorial continuará ao día seguinte ás 19:00 horas.
Ás 20:30 horas será o IX Certame de Corais no Templo Novo, organizado pola Coral Polifónica San Xulián de Marín, onde tamén participarán a Coral Sociocomunitaria de Marín, a Coral Lembranzas de Marín e a Coral Polifónica San Pedro de Domaio.
A xornada do sábado finalizará coa actuación musical de A Roda na Alameda a partir das 22:30 horas.
Como peche no día da Patroa, o último día de celebración realizarase a misa solemne e procesión, o mercadillo Marín 3R na Alameda, actividades infantís a cargo de Tarabelos e por último, ás 21:30 horas, o grupo Brocken Peach porá o toque musical á ultima xornada de festas da Virxe do Porto.
Relacionadas:
-
O Concello de Marín fai un balance moi positivo das Festas da Virxe do Porto
Por Redacción |
-
A muller e a música, protagonistas no VII Memorial Antonio Fernández
Por Almu Dapena |
-
Marín recupera a celebración da festa de San Caralampio, patrón dos "chiquiteiros"
Por Redacción |
-
Última oportunidade para participar nas visitas nocturnas guiadas aos petróglifos
Por Almu Dapena |
-
En Marín reutilízase, recíclase e regálase co Mercadillo 3R
Por Almu Dapena |