Tras acadar a promesa de 2,6 millóns de euros da Xunta, Cubela impulsará a reforma da estrada Caroi-Cerdedo
Por Redacción
A estrada entre a parroquia de Cotobade de Caroi e a localidade de Cerdedo ampliarase e vai pavimentarse en oito quilometros que pasan por Medelo, San Bartolomeu, Chamadoira, Viduído e Revolta.
Esta obra levará a cabo despois de que a Xunta de Galicia comprometese un investimento de 2,6 millóns, a cifra na que está orzado este investimento segundo o Plan Especial que elaborou o Estudo Técnico Galego.
O goberno local de Cerdedo-Cotobade móstrase moi interesado nesta obra. O alcalde Jorge Cubela analizou o Plan Especial que encargara para esta infraestrutura, que inmediatamente trasladou á Xunta de Galicia, organismo que tamén sufragará os 90.000 euros que custou este Plan Especial.
A administración autonómica, segundo o goberno local, deberá remitir agora o informe nun prazo de dous meses e posteriormente realizarase a aprobación inicial por parte do Concello.
O alcalde Jorge Cubela recoñece que estaba prevista inicialmente unha pequena mellora desta estrada pero finalmente o goberno local decidiu realizar unha mellora máis profunda para satisfacer á veciñanza desa contorna entre Caroi e Cerdedo. O rexedor entende que toda a zona alta quedará perfectamente conectada con estes traballos e o proxecto aprobado da mellora da estrada co Concello da Lama a través do lugar de Peso, unha vez que ambos os gobernos lograron os terreos que xa puxeron ao dispor da Deputación de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Acometen un bacheo na estrada Cerdedo-Caroi á espera da súa remodelación
Por Redacción |
-
Feijóo e Cubela pactan un investimento de nove millóns en Cerdedo-Cotobade ata 2023
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade ultima un orzamento de cinco millóns de euros para 2019
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade repasa con Feijóo os proxectos da Xunta no municipio
Por Redacción |
-
Medio Rural redactará o proxecto da vía intramunicipal Caroi-Cerdedo
Por Redacción |