Novo corte eléctrico de máis de 4 horas de duración no centro da cidade
Por Redacción
A empresa Naturgy continúa sen poñer remedio aos habituais cortes que a distribuidora eléctrica a través de Unión Fenosa rexistra na cidade de Pontevedra. Este domingo, máis de catrocentos clientes, segundo os datos que manexa a propia empresa distribuidora, víronse afectados por un apagamento de luz.
A incidencia rexistrábase ás 13.39 horas e afectaba inicialmente a contorna de San Antoniño, a vivendas de Javier Puig Chamas, Perfecto Feijoo, Altamira, José Millán ou Lepanto.
Mesmo, a falta de electricidade afectou a edificios de Benito Corbal provocando que axentes da Policía Local e efectivos dos Bombeiros se achegaran para socorrer a unha persoa que se quedou atrapada nun ascensor, que se bloqueou ao non haber corrente eléctrica.
Segundo o mapa de incidencias de Naturgy, ao redor das 16.00 horas a avaría afectou a máis rúas de Pontevedra estendéndose ata Palamios e Rosalía de Castro e causando cortes de luz en vivendas próximas á Praza de Galicia, afectando a 1.500 usuarios. Media hora máis tarde, as zonas afectadas reducíanse xa á contorna das rúas Lepanto e San Antoniño e o número de clientes afectados reducíase a 277, sempre segundo Naturgy. A incidencia procedía dunha avaría nun transformador que subministra a corrente a esta zona da cidade. A empresa deu por resolta a alerta preto das 18.00 horas.
O Concello de Pontevedra reclamaba a Naturgy que revisase todas as súas instalacións no centro urbano a mediados de xullo tras as incidencias na liña eléctrica que na última semana provocaron cortes de luz en distintas zonas da cidade en varios días diferentes.
Con todo, o martes 27 de agosto volvían rexistrarse outras dúas incidencias ao mediodía que provocaban un apagamento en distintos puntos da cidade e fundamentalmente no centro histórico xusto no momento de maior afluencia de público nos establecementos gastronómicos.
Relacionadas:
-
Unha nova avaría deixa sen luz a 850 casas de Mourente, Marcón e Tomeza
Por Redacción |
-
Novas incidencias eléctricas no centro urbano durante a final do Mundial de baloncesto
Por Anxo Lourido |
-
Lores reúnese con Naturgy tras os continuos cortes de luz e avisa: "haberá que resarcir aos usuarios"
Por Natalia Puga |
-
Indignación contra Naturgy en Pontevedra ante o enésimo apagón na cidade
Por Redacción |
-
Naturgy asegura que Pontevedra está "entre as primeiras de España" en calidade de subministración eléctrica
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello considera unha "tomadura de pelo" os cortes de luz e esixe solucións a Naturgy
Por Alejandro Espiño |
-
Dúas avarías provocan cortes de luz, algúns de máis de 3 horas, en numerosos puntos da cidade
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello insta a Naturgy a revisar as instalacións de Pontevedra tras os cortes de luz dos últimos días
Por Natalia Puga |
-
Unha incidencia na liña eléctrica deixa sen luz a 2.000 usuarios do centro de Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Unha incidencia na liña eléctrica causa cortes de luz a máis de 2.000 clientes no centro da cidade
Por Diego Espiño |