A Policía Local de Poio rescata dous cans dunha vivenda en malas condicións hixiénicas
Por Redacción
Axentes da Policía Local de Poio interviñan nas últimas horas para rescatar dous cans nunha vivenda do lugar de Montesaiñas.
Segundo informan desde a Policía Local, os animais atopábanse en malas condicións hixiénico-sanitarias, ademais de faltos de coidados básicos. A vivenda atópase nunha situación que non garante a adecuada salubridade. Un dos cans presentaba danos en grandes partes do seu corpo.
Foron os veciños da zona os que reclamaron a intervención dos axentes. Os dous cans foron retirados e trasladados para que sexan sometidos a un recoñecemento veterinario.
Nestes casos, segundo información policial, as sancións que recolle a Lei de Protección e Benestar de animais de compañía para os propietarios sitúanse entre 100 e 30.000 euros, segundo a gravidade da incidencia.