O Concello considera unha "tomadura de pelo" os cortes de luz e esixe solucións a Naturgy
Por Alejandro Espiño
Os continuos cortes na subministración eléctrica que a cidade de Pontevedra sufriu durante este mes de agosto indignaron ao goberno municipal. O Concello cre que esta situación é unha "tomadura de pelo" e esixirá solucións tanto por parte de Naturgy, a empresa que presta este servizo, como da Xunta de Galicia.
A portavoz do goberno municipal, Anabel Gulías, explicou que esta situación é "especialmente sangrante" porque estes cortes de luz prodúcense maioritariamente as fins de semana e nas horas centrais do día, afectando á actividade económica do municipio.
A edil afirmou que "estamos pasmados" ante a "pasividade" mostrada pola empresa, xa que lembrou que tras varios incidentes meses atrás o Concello remitiron a Naturgy unha comunicación para solicitarlle que revisase o estado dos seus equipamentos, infraestruturas e redes e, en liñas xerais, por "calquera cuestión" que poida afectar a subministración eléctrica.
Esa petición, lamentan desde o executivo municipal, non tivo resposta e tampouco desde a Consellería de Economía, Emprego e Industria, que segundo Gulías son "coñecedores" deste problema e que ten as competencias en materia enerxética, adoptáronse medidas.
"Non é un feito illado", sinalou a portavoz do goberno municipal, que avanzou que o Concello solicitará unha entrevista cos responsables de Naturgy e de Industria para trasladar o malestar dos afectados dunha situación que, ademais dos prexuízos directos, "ten efecto" sobre a imaxe da cidade e que confían en que "non se volva a repetir".
Ante a dificultade que a administración municipal ten para impoñer sancións por estes cortes na subministración, Anabel Gulías animou a todos os afectados a que, a pesar do confuso que resulta, presenten reclamacións ante a empresa e Consumo.
É necesario, dixo, "facer ver" que a situación da rede eléctrica de Pontevedra está nun punto "bastante crítico" e que existe risco de que se sigan producindo este tipo de interrupcións no servizo.
Relacionadas:
-
Unha nova avaría deixa sen luz a 850 casas de Mourente, Marcón e Tomeza
Por Redacción |
-
Naturgy volve fallar: novo apagamento no centro urbano de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Novas incidencias eléctricas no centro urbano durante a final do Mundial de baloncesto
Por Anxo Lourido |
-
Lores reúnese con Naturgy tras os continuos cortes de luz e avisa: "haberá que resarcir aos usuarios"
Por Natalia Puga |
-
Indignación contra Naturgy en Pontevedra ante o enésimo apagón na cidade
Por Redacción |
-
Naturgy asegura que Pontevedra está "entre as primeiras de España" en calidade de subministración eléctrica
Por Alejandro Espiño |
-
Novo corte eléctrico de máis de 4 horas de duración no centro da cidade
Por Redacción |
-
Dúas avarías provocan cortes de luz, algúns de máis de 3 horas, en numerosos puntos da cidade
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello insta a Naturgy a revisar as instalacións de Pontevedra tras os cortes de luz dos últimos días
Por Natalia Puga |