A Deputación remodelará as instalacións do centro de acollida de animais de Armenteira
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra aprobou este luns en xunta de goberno a adxudicación do contrato para remodelar as instalacións do Centro de Acollida de Animais (CAAN) de Meis por valor de 293.627,90 euros.
En rolda de prensa a presidenta da Deputación, Carmela Silva, informou que a empresa Prace encargarase de executar durante cinco meses o proxecto que abarca a creación dunha nova zona de maternidade, outra de esparexemento, a remodelación da zona de corentena e hospitalización e a mellora do espazo de clínica.
Estas obras pretenden adecuar o CAAN á lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia.
Segundo os datos ofrecidos por Carmela Silva, a este centro chegan unha media de dous cans diarios que precisan uns dez días de media para recuperarse. Neste sentido "é preciso adaptar o espazo actual que permite atender a 12 animais para dar cabida a 20 cans", asegurou a presidenta.
Ademais, Silva explicou que se crearán novas zonas de corentena e recepción de animais, con "cubículos individuais confortables" que permitirán aos animais recolleitos pasar un período de corentena maior, "garantindo a sanidade do centro e o benestar animal".
As obras tamén dotarán ao centro dunha nova zona de maternidade, "máis ampla e cunhas condicións hixiénicas óptimas que favoreza, ademais, a visita do público e permita a interacción entre animais e persoas", detallou a presidenta.
CAMPAÑA DE ADOPCIÓN
A presidenta da Deputación tamén valorou como "fundamental" o servizo que presta o CAAN e destacou que "cada vez hai unha maior conciencia do bo trato ao animais pero tristemente moita xente abandona aos cans".
Carmela Silva avanzou que proximamente visitará as instalacións do CAAN en Meis, onde dará a coñecer a nova campaña que ten por obxectivo previr abandonos, fomentar as adopcións, as esterilizacións e o sistema de microchips para facilitar a identificación dos animais.
Relacionadas:
-
A Deputación lanza unha campaña para fomentar a tenza responsable dos animais
Por Oskar Viéitez |
-
O centro de acollida animal da Armenteira leva recollidos 994 cans neste 2019
Por Redacción |
-
Os cachorros encontrados nun contedor de Cuntis evolucionan favorablemente no CAAN grazas a Rula
Por Almu Dapena |
-
Atopan dúas cadelas recentemente nadas dentro dun contedor
Por Almu Dapena |
-
Os animalistas apostan por pequenos centros de acollida de xestión pública fronte á "macrocanceira" da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Asociacións animalistas reclaman unha xestión pública do CAAN
Por Redacción |
-
256 cans foron abandonados en Sanxenxo o pasado ano
Por Oskar Viéitez |