O Concello de Marín prioriza o arranxo da Rúa do Tombo
Por Almu Dapena
O Concello de Marín continúa coas obras para mellorar a calidade dos servizos priorizando o arranxo da rúa do Tombo, situada no centro urbano de Marín, entre a rúa Concepción Arenal e a Avenida de Ourense.
O motivo, segundo o Concello, é que nas tarefas de revisión e mantemento das redes de saneamento, detectouse un mal funcionamento do colector de residuais, ademais de que é preciso atender a necesidade de recoller novos colectores que se instalarán nas obras de humanización de Concepción Arenal.
En canto á rede de abastecemento e de iluminación pública, o Concello preveu a instalación de novas redes, con instalación soterrada e farois nunha marxe.
Aprovechando a actuación nas instalacións, levará a cabo a construción dunha beirarrúa na marxe esquerda do vial, no sentido da marcha, que permitirá unha mellor mobilidade aos peóns, xa que actualmente carece de beirarrúas, fóra de dous pequenos tramos sen continuidade que se realizaron nas fachadas dos edificios construídos máis recentemente.
As obras comezarán a semana do 9 de setembro e converterán o que ata fai nada era un canellón, nunha rúa con novos servizos e infraestruturas e unha mellora no seu itinerario peonil e pavimentos.
Relacionadas:
-
A Rúa do Tombo xa está aberta ao tráfico e aos peóns
Por Redacción |
-
A Rúa do Tombo estrea imaxe trala súa reforma
Por Redacción |
-
Recta final das obras na rúas do Tombo e República Arxentina
Por Oskar Viéitez |
-
A primeira fase das obras da rúa Concepción Arenal entran na recta final
Por Redacción |
-
O Concello de Marín retira as madeiras en mal estado da Finca de Briz
Por Redacción |
-
Reclaman a retirada dos contedores da Autoridade Portuaria de Marín polo seu negativo impacto visual
Por Redacción |
-
A rehabilitación integral do IES Illa de Tambo implica un investimento de máis dun millón de euros
Por Redacción |
-
A primeira fase de obras da rúa Concepción Arenal estará rematada en setembro
Por Oskar Viéitez |