Os animalistas apostan por pequenos centros de acollida de xestión pública fronte á "macrocanceira" da Deputación
Por Oskar Viéitez
A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber reclamaron á Deputación de Pontevedra que avalíe novos modelos de xestión para a canceira provincial, o Centro de Acollida de Animais, apostando pola dirección 100% pública como sistema "máis eficiente, transparente e responsable".
Entre outros argumentos citan que unha xestión completamente pública permitiría incorporar programas de voluntariado e participación social.
Estes colectivos animalistas tamén instan á institución provincial a que sigan o exemplo aos Países Baixos, cuxo traballo continuado desde 1960 deu os seus froitos ata conseguir unha taxa de abandono de animais practicamente nula.
De forma paralela os defensores dos animais advirten que "o modelo actual non é sustentable se segue prestando servizo baixo custo" ao gran número de municipios agora adherido e avogada pola "creación de centros de acollida de menor tamaño e impacto ambiental, que poidan ser xestionados por ONG, ofrecendo un modelo máis amigable e amable cos animais ".
CARRERA DE BURROS DE VILANOVA
Estes mesmos colectivos animalistas referíronse tamén á carreira de burras no termo municipal de Vilanova de Arousa, como parte da programación das Festas de San Roque do Monte. A Asociación Libera propuxo a supresión da actividade para próximas edicións, cun informe veterinario que advirte sobre o sufrimento destes animais.
Relacionadas:
-
Piden a Lores non usar animais na Cabalgata de Reis
Por Oskar Viéitez |
-
Os cachorros encontrados nun contedor de Cuntis evolucionan favorablemente no CAAN grazas a Rula
Por Almu Dapena |
-
Atopan dúas cadelas recentemente nadas dentro dun contedor
Por Almu Dapena |
-
A Deputación remodelará as instalacións do centro de acollida de animais de Armenteira
Por Oskar Viéitez |