O Concello de Cuntis acondiciona o colexio Aurelio Marcelino Rey García
Por Redacción
O Concello de Cuntis acomete obras de mellora en mantemento no Colexio Público Aurelio Marcelino Rey García.
Deste xeito o Goberno local cuntiense ven de satisfacer ás demandas que a directiva deste centro de ensino lle solicitara para o bo funcionamento da vida escolar.
Entre outras actuacións o concello encargouse de pintar as aulas de Secundaria que así o esixían, fixo un adecentamento dos exteriores e está a preparar unha reforma para a área infantil.
Con estas melloras conséguese que o regreso ás aulas se faga nunhas condicións óptimas para o alumnado e o profesorado.
Dende o Goberno local de Cuntis sinalaron que o compromiso do concello co mantemento e o bo funcionamento do colexio é total como así o demostra ésta e outras actuacións realizadas con anterioridade.