Un operario ferido nun accidente laboral nas obras do depósito de Padriñán
Por Oskar Viéitez
Un home resultou ferido nun accidente laboral ocorrido cando traballaba nas obras do novo depósito de auga de Padriñán.
Segundo informaron desde o Concello de Sanxenxo, o ferido é un operario da empresa Espina y Delfín que se precipitou ao chan golpeándose con forza no peito.
O suceso tivo lugar ás catro da tarde deste martes.
Desde o Centro de Atención de Emerxencias CAE 112 Galicia mobilizaron ao helicóptero para proceder ao traslado do traballador, aínda que finalmente foi evacuado en ambulancia ata o hospital Montecelo de Pontevedra.
Ao lugar do suceso acudiron efectivos da Policía Local, do Servizo Municipal de Emerxencias, así como da Garda Civil.