A burocracia frea a reapertura das ruínas de San Domingos
Por Oskar Viéitez
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera e o director do Museo, José Manuel Rey confirmaron este martes que "á maior brevidade posible" reabriranse ao público as ruínas de San Domingos.
O director do Museo puntualizou que "estamos a punto de entrar e de rematar" o arranxo da greta detectada nun dos parámetros interiores na fachada oeste, que colinda co instituto Valle-Inclán.
"Foi unha actuación mínima que por temas de procedemento demorouse moito máis do que hoberamos querido", explicou José Manuel Rey.
Os técnicos valoraron poñer uns "testigos" para comprobar se esta fisura aumentaba.
O atraso "demasiado grande" na reapertura produciuse na formalización dos permisos.
Solicitouse autorización a Patrimonio para actuar sobre a greta e a área afectada pero non se solicitou permiso para actuar sobre o revoco do revestimento exterior "que está en mal estado" e necesitaba ser mellorado.
Trátase dunha actuación que se completa nun só día, con todo ese matiz burocrático "que parece unha chorrada" obrigou a ter que pedir outra autorización a Patrimonio e ao Concello, o que sumado ás vacacións, levou a este atraso.