A contorna da Casa do Mar e o regato de Mollavao serán limpados en profundidade
Por Redacción
A brigada municipal de Parques e Xardíns, dependente da concellería de Medio Natural, actuará de forma "inminente" na contorna da Casa do Mar. Desde o departamento que dirixe Iván pontes quérese realizar unha limpeza en profundidade de todo o noiro e no leito do regato de Mollavao, no treito que discorre entre o lavadoiro da Fontesanta e a estrada Rosalía de Castro, debaixo da ponte da autoestrada AP-9. Contémplase tamén a retirada dos lodos e do lixo acumulado nesta punto.
Tamén está previsto acondicionar as zonas verdes da contorna deste espazo próximo ao centro sanitario e no perímetro do parque de educación viaria.
Para estes traballos utilizarase unha máquina retroescavadora que acometa a roza do regato da Fontesanta, próximo á pista de skate, e dos espazos verdes situados detrás da parada de autobuses. Segundo indican desde o departamento socialista, esta zona atópase chea de malas herbas, silveiras e maleza.
Estes traballos contan cun orzamento de 6.000 euros e comezarán no prazo dunha semana. Cubrirase con hiedras e outras plantas tapizantes a zona axardinada, ademais instalarase unha malla antihierbas.
Segundo explica Iván Pontes trátase dunha actuación inicial dun proxecto máis amplo, que se está deseñando, para dar resposta ás peticións da plataforma veciñal 'Mollabao si'. Neste sentido, Pontes xa manifestou ao portavoz veciñal Juan Sáenz a súa intención de crear unha nova área de lecer con xardín o espazo situado entre o parque de educación viaria e a rúa Rosalía de Castro.
PARQUE INFANTIL DA RÚA BÉLXICA
Esta concellería tamén a asinado a contratación das obras para o mantemento do parque infantil da rúa Bélxica, en Monte Porreiro. O orzamento supera os 2.795 euros.
Repararanse os parafusos e pezas en mal estado, ademais do pavimento de céspede artificial da zona de xogos.
Relacionadas:
-
Medio Natural proxecta un novo parque urbano en Mollavao
Por Alejandro Espiño |
-
O regato de Fontesanta emerxe en Mollabao
Por Redacción |
-
Comeza a limpeza integral do regato de Mollabao e a contorna da Casa do Mar
Por Redacción |
-
Encargan a poda de árbores molestas, enfermas ou en mal estado na cidade
Por Redacción |
-
Proxectan unha nova zona de lecer axardinada nunha parcela de Mollavao
Por Redacción |