A organización da Festa dos Callos repartirá dúas mil racións na Seca
Por Almu Dapena
A décimo terceira edición da Festa dos Callos de Poio celebrarase este domingo, 9 de setembro, na Alameda da Seca a partir das 12:00 horas e estará amenizada por grupos de música tradicional.
Raquel Rodríguez, concelleira de festexos de Poio, convida a todo o que queira a achegarse "a probar estes callos e a desfrutar da festa coa asociación de veciños Boureante".
Para esta nova edición da festa gastronómica encargáronse 260 quilos de garavanzos e máis de 600 quilos de carne. "Siempre quedamos cortos", comentou Ángeles Rubio, portavoz da asociación.
Ante o éxito cultivado nas celebracións de anos anteriores, para esta ocasión estímase un aumento na asistencia de público xa que "todos los años vamos a más". É por iso que a asociación prevé unha repartición de dúas mil racións de callos.
O prezo das racións será o mesmo que en anos anteriores, custarán seis euros e incluirán auga ou viño e a ración de pan. Tamén haberá un polbo, cervexa, empanada e doces a prezos populares.
Relacionadas:
-
A navalla, protagonista da fin de semana en Lourido
Por Redacción |
-
A Festa dos Callos de Poio toma a chaira da Seca
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O arrecendo dos saborosos callos inunda A Seca
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Poio despide o verán con callos
Por Oskar Viéitez |
-
Callos para dar e tomar en Poio
Por Diego Torrado |