O Salnés estrea a vendima coa recollida de uva para elaboracións especiais
Por Redacción
A poucos días do comezo oficial da vendima, a Cooperativa Vitivinícola Arousá comezou coa recollida das primeiras uvas para elaboracións especiais.
Esta cooperativa, que está constituída por máis de 430 socios, arrincou coa vendima en 28 das máis de 2.000 parcelas que comprende. O resto de uva comezará a recollerse a próxima semana.
Os técnicos sinalan que estamos ante un verán tardío con temperaturas altas no seu final de ciclo, a acidez nestes momentos é maior, pero unha vez completado o proceso de maduración espérase unha acidez equilibrada. Os técnicos de campo seguen coa recollida de mostras en viñedo, para determinar o día idóneo para o inicio oficial da campaña 2019.
Nuria de la Torre, responsable de produción da cooperativa, comenta que xa están desfangados os primeiros mostos destinados a elaboracións especiais e as primeiras fermentacións xa están a arrincar. A semana próxima comezarán a vendimiar o resto das parcelas porque vistos os datos de control de maduración, as uvas estarán listas.