Sanean unha parcela do Gafos con miras a convertela nunha nova área de lecer
Por Redacción
Infestada de silvas. Así estaba unha parcela próxima ao Gafos, na zona de Ponte Nova, que o Concello de Pontevedra decidiu recuperar. O obxectivo, segundo o goberno municipal, será convertela nunha nova área de lecer e esparexemento.
Operarios municipais realizaron os traballos de roza e limpeza na leira, que se atopaba en mal estado e con silvas que chegaban aos dous metros de altura.
A parcela, que ten algo máis de 100 metros cadrados, alberga un vello muíño e unha antiga estrutura que, segundo os veciños, era empregada como tinturería.
O edil de Medio Natural, Iván Puentes, avanzou que falará con Augas de Galicia e patrimonio para coñecer o valor patrimonial e histórico desa especie de alpendre.
Se carece de valor, engadiu o socialista, derrubaríase esa estrutura anexa ao muíño e crearíase esta nova área de esparexemento.
Esta é a segunda actuación que o Concello realiza nas marxes do Gafos ao seu paso por Ponte Nova nas últimas semanas.
Relacionadas:
-
Encargan a poda de árbores molestas, enfermas ou en mal estado na cidade
Por Redacción |
-
Reclaman á Xunta la limpeza dos ríos antes da tempada de choiva
Por Redacción |
-
Medio Natural restaura a pasarela do río Gafos
Por Almu Dapena |
-
Vaipolorío volve demandar que se destape o tramo urbano do Gafos en Campolongo
Por Redacción |