Poio convoca a Mesa Local de Seguridade para abordar a situación da parroquia de San Salvador
Por Redacción
O Concello de Poio vai convocar a Mesa Local de Seguridade para abordar a situación da parroquia de San Salvador, e tamén solicitará unha reunión coa subdelegada do Goberno, Maica Larriba para trasladar a preocupación da veciñanza pola inseguridade que se vive nesta zona.
Ademais, o goberno local iniciará na vindeira semana reunións coa veciñanza para poder obter información e levar todas as peticións a esa mesa de seguridade.
A concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas, considera que a erradicación da marxinalidade no asentamento chabolista do Vao "é un problema que non só é competencia do Concello de Poio" e engade que a solución "precisa da implicación de todas as administracións".
Os datos que manexa o goberno local de Poio, procedentes de fontes policiais, apuntan que a día de hoxe non se rexistra un maior número de delitos que nos últimos dez anos, puntualizando que as melloras e avances "permiten que se detecten máis delitos que antes pasaban desapercibidos". Marga Caldas insiste en que os datos rexistrados confirman que a seguridade aumentou "considerablemente".
A concelleira cre que compre establecer un "protocolo de actuación coordinado" entre as diferentes forzas de seguridade cidadá así como as institucións pertinentes para "garantir a protección que se dá maioritariamente na parroquia de San Salvador e que está vencellada ao asentamento do Vao".
Relacionadas:
-
A Garda Civil e a Policía Local reforzarán a vixilancia nos accesos do poboado do Vao
Por Oskar Viéitez |
-
Máis seguridade e creación de aparcadoiros, principais demandas da veciñanza de San Salvador de Poio
Por Redacción |
-
Veciños da Caeira e Boavista, preocupados polo "esaxerado" incremento de drogodependentes
Por Redacción |
-
A Plataforma veciñal de San Salvador rexeita a dirección única de tráfico na contorna da Barca
Por Redacción |
-
Piden máis policías en Poio tras detectar "episodios alarmantes" en horario nocturno
Por Redacción |