Interceptan en Pontevedra un condutor que circulou de xeito temerario desde Viascón
Por Redacción
Conducindo de maneira neglixente e temeraria desde Viascón. Así foi sorprendido un pontevedrés de 31 anos polas autoridades. Ocorreu o pasado mércores.
Foi un axente do servizo marítimo provincial da Garda Civil, que estaba fóra de servizo, o que alertou á Policía Local de Pontevedra ao cruzarse co mozo que, segundo varias testemuñas, atopábase circulando de maneira errática pola N-541.
Tras uns trece quilómetros de percorrido, o condutor foi interceptado na Avenida de Bos Aires, xa na cidade de Pontevedra.
O condutor foi posto a disposición xudicial por un delito contra a seguridade viaria e, ademais, por resistencia e desobediencia á autoridade.
O mozo negouse a identificarse e tampouco accedeu a someterse ás probas de alcoholemia mostrando en todo momento, segundo as autoridades, unha actitude despectiva e agresiva cos axentes da Policía Local.