Tráfico desprega un dispositivo extraordinario con motivo da concentración moteira de Sanxenxo
Por Redacción
O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra informou que ten en marcha un dispositivo extraordinario para garantir a seguridade viaria con motivo da Concentración Mototurística Internacional que se está celebrando durante esta fin de semana no municipio de Sanxenxo.
O obxectivo é evitar os excesos de velocidade, conducións temerarias e perigosas, en todos os accesos ás vilas de Portonovo e Sanxenxo desde o venres 6 de setembro ata o domingo.
Durante estes días está a levarse a cabo unha especial vixilancia sobre o consumo de alcol e drogas; para o que se intensificaron os controis en calquera tipo de estradas, e a calquera condutor.
Nestes labores os axentes de Tráfico contan co apoio de helicóptero de vixilancia Pegasus da DXT.
Desde o Instituto Armado suxiren á cidadanía que comuniquen a través dos teléfonos 112 ou do 062, de calquera comportamento anómalo con respecto á seguridade viaria que presencien, alertando ás patrullas en evitación de que se produza un desgraciado accidente.