Emotiva pedida de man na concentración de motos de Sanxenxo
Por Redacción
Sanxenxo acolle esta fin de semana a concentración mototurística que, como cada ano, organiza o Moto Club Sanxenxo. Pero nesta ocasión, máis aló da estampa habitual que ofrece este evento, os protagonistas foron dous dos seus asistentes.
Un dos moteiros, veciño de Redondela, tiña planificada unha pedida de man moi especial.
Os seus compañeiros fixeron un corro arredor deles e, aos pés da súa moto, o mozo fincou o xeonllo para pedirlle matrimonio á súa parella.
A noiva, visiblemente emocionada, deulle o esperado si entre o ruxido dos motores das motos e os aplausos dos asistentes.
Ademais, desde a organización da concentración quixeron ter un detalle con eles e regaláronlles unha viaxe de sete días por Asturias.