Unha trintena de alumnos de Medicina realizan as súas prácticas en Montecelo e o Provincial
Por Redacción
Trinta e dous estudantes de sexto de Medicina da Universidade de Santiago iniciaron o seu curso académico no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
Responsables da dirección deron a benvida no hospital Montecelo aos alumnos, que estiveron acompañados por varios representantes da comisión de docencia desta área sanitaria.
Ao longo da semana, este alumnos comezarán o seu plan de formación práctica, no que rotarán por diversos servizos especializados dos hospitais Montecelo e Provincial, do centro de especialidades de Mollabao e do centro de saúde de A Parda.
Divididos en dous grupos, os estudantes levarán a cabo rotacións reguladas e obrigatorias polos servizos de Pediatría, Obstetricia e Xinecoloxía, Psiquiatría, Medicina Interna, Urxencias, Cirurxía Xeral e Medicina Familiar, baixo a supervisión dos seus titores.
Así mesmo, tamén terán a oportunidade de achegarse a outros servizos do hospital, xa sexan da área médica, cirúrxica ou médico-cirúrxica, para finalmente ser avaliados ao remate do curso académico.
Este é o quinto ano no que no Complexo Hospitalario Universitario pontevedrés se impartirá de forma completa o último curso da especialidade, tras a súa declaración como hospital universitario en decembro de 2012.
Relacionadas:
-
Vinte e dous futuros médicos realizan o último curso no Complexo Hospitalario de Pontevedra
Por Redacción |
-
Comezan as prácticas en Montecelo para 40 estudantes estadounidenses
Por Redacción |
-
RADIO.- Conversas na Ferrería: Abrimos a vea audiovisual dos estudantes de Medicina
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |