Xa está en marcha o programa de prevención de caídas para persoas maiores en Cuntis
Por Almu Dapena
Desde a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Cuntis, queren apostar un ano máis por un programa de prevención de caídas para as persoas maiores de 65 anos.
O Concello de Cuntis, igual que outros concellos galegos, conta cunha poboación envellecida que está dentro da franxa de risco por morte debido a caídas non intencionadas. É por iso, que coa aposta por este tipo de talleres, busca mellorar a calidade de vida dos seus veciños previndo este tipo de accidentes e mellorando a mobilidade
O programa de prevención de caídas comezou este martes ás 10:00 horas no Auditorio Patelas e conta con prazas limitadas das cales xa están cubertas 20, repartidas entre 16 mulleres e 4 homes.
Ademais deste tipo de actividades, o Concello vai completar a oferta de talleres de memoria e ximnasia de mantemento buscando a mellora e o benestar da súa poboación. Esta iniciativa é posible grazas ao cofinanciamento da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) e o Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.