O remate da reforma do campo de fútbol de Vilaxoán, cuestión de semanas
Por Redacción
O deputado provincial Carlos López Font achegábase este martes durante o mediodía para visitar as obras financiadas polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
Font; o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o deputado Manuel González supervisaron as obras de reparación do campo de fútbol de Vilaxoán que, segundo avanzaron, estará finalizado nunhas semanas. Tamén visitaron as varandas de protección que xa foron instaladas na contorna de Vista Alegre.
As obras do campo de fútbol contemplan a renovación do pavimento deportivo, coa eliminación do céspede sintético e a incorporación dun novo sistema céspede artificial de última xeración. Para estes traballos, a Deputación destinou 216.630 euros dentro do Plan Concellos.
En Vista Alegre, os traballos realizáronse no último tramo do río do Con, coa renovación das varandas e a dotación de pequenas zonas axardinadas en abéiraa norte, na contorna da Praza de Abastos. O investimento supera os 100.550 euros.