O incremento de peregrinos fai crecer a oferta hostaleira de Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A comisión de seguimento do Plan Especial de Protección e Reforma Interior e Conservación Artística, coñecido como Peprica, estuda o cambio de usos de varios inmobles en Pontevedra para servizos hostaleiros.
Así o explicou este martes o concelleiro de urbanismo, Xaquín Moreda, que relacionou o incremento deste tipo de solicitudes coas "políticas de mellora" dos espazos públicos que repercuten directamente na creación de negocios vinculados ao Camiño de Santiago".
Xaquín Moreda citou como exemplos desta tendencia os últimos albergues abertos no Gorgullón, Arcebispo Malvar e Ponte Sampaio.
Proximamente espérase a posta en marcha de novos proxectos na rúa Michelena e a rehabilitación do edificio dos Maristas, na Praza da Verdura, que se prevé destinar a vivendas turísticas.
Relacionadas:
-
O Albergue de Peregrinos estrea as instalacións que o converten no local de máis capacidade do Camiño Portugués
Por Redacción |
-
Habilitan seis establecementos turísticos de Poio, Sanxenxo e Pontevedra para aloxar a traballadores esenciais
Por Natalia Puga |
-
O duro inverno dos albergues de peregrinos
Por Manu Otero & Cristina Saiz |
-
Castañeiro, música e a retranca de Lores dan por inaugurada a reformada rúa Gorgullón
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Concello e hostaleiros planean unha nova festa gastronómica en Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Artistas chineses retratan o Camiño Portugués mentres fan a ruta xacobea
Por Redacción |