Xornada de lecer inclusivo en familia no Pontillón do Castro
Por Oskar Viéitez
A Asociación Socio Sanitaria Enfermidades Inflamatorias Intestinais e Ostomizadas (ASSEII), en colaboración cun gran número de entidades, organiza unha nova edición do "Brincadeira", isto é, unha xornada de "lecer inclusivo en familia" á que convida a participar a toda a cidadanía.
As actividades empezarán ás 11.30 horas do próximo sábado 14 de setembro no Pontillón do Castro, en Verducido.
Os participantes poderán gozar dos autovaciables, colchóns inchables, waterpolo, skate, karts, xogos populares, un taller de chapas, unha gymcana acuática, ademais de moitas outras actividades.
É necesario levar a comida, a merenda, unha manta para comer de campo, calzado pechado para auga. Entre os imprescinclibles están o o traxe de baño e as ganas de pasalo ben. O custo da entrada de 2,50 euros para os maiores de 12 anos.