A volta ao cole ben merece unha festa na Zona Monumental
Por Redacción
O vindeiro martes 17 o Centro Comercial Urbano Zona Monumental celebrará a "Gran festa volta ao cole" de 16.30 a 20.30 horas.
Esta festa converteuse nun clásico imprescindible para todos os escolares de Pontevedra que gozan das distintas actividades nas prazas do centro histórico.
Así, na rúa Serra (diante do Mercado de Abastos) instalarase unha gran pista americana multiaventura e a praza de Curros Enríquez acollerá un taller de grafiti e o rocódromo inchable de 8 metros de altura.
O taller creativo ocupará a praza de Valentín García Escudero mentres que na de Méndez Núñez instalaranse a ludoteca creativa e o taller pinta caras.
Como sempre a xornada inclúe unha festa da escuma con animación musical na Praza de Mugartegui a partir das 18.30 horas.
Desde Zona Monumental animan a todos os seus clientes e veciños a gozar desta "Gran festa volta ao cole".