O CGPJ saca a concurso a Presidencia da Audiencia Provincial de Pontevedra
Por Redacción
A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial acordou na súa reunión deste xoves anunciar no Boletín Oficial do Estado (BOE) a convocatoria do concurso para a renovación da presidencia da Audiencia Provincial de Pontevedra.
A decisión adoptouse ante o próximo vencemento do mandato do actual presidente, Francisco Javier Menéndez Estébanez, que se producirá o 26 de setembro.
A pesar de ser natural de Xixón, Menéndez Estébanez leva exercendo e vivindo en Pontevedra 21 anos, dos que os dez últimos foi presidente da Audiencia Provincial.
A convocatoria da praza rexerase segundo as bases aprobadas polo Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial o pasado 24 de xullo, cuxo contido íntegro pode consultarse nesta ligazón.
A Comisión Permanente do CGPJ adoptou esta decisión na mesma reunión na que convocou o concurso para a renovación das presidencias de cinco Tribunais Superiores de Xustiza –os de Aragón, Asturias, Canarias, Estremadura e Navarra- e das Audiencias Provinciais de Bizkaia, Segovia e Tarragona. Ademais, acordou facer pública a convocatoria da presidencia da Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña e da presidencia das salas do contencioso-administrativo e do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Relacionadas:
-
Francisco Javier Menéndez, reelixido presidente da Audiencia de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
Francisco Javier Menéndez Estébanez optará a volver presidir a Audiencia de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
O presidente da Audiencia opta a unha praza no Tribunal Supremo: "profesionalmente sempre é un desafío"
Por Natalia Puga |
-
RADIO.- Menéndez Estébanez, a piques de cumprir 19 anos de vida pontevedresa
Por Marisa Ciordia |