Atopan dúas cadelas recentemente nadas dentro dun contedor
Por Almu Dapena
Este jueves, unha muller e o seu fillo atopáronse dous cachorros dentro dunha bolsa dun contedor en Xinzo, Cuntis, cando ían botar o lixo.
Segundo relatou Cristina Alonso, técnico de Protección Civil, o neno escoitou uns ruídos que proviñan de dentro do contedor e decidiron botar unha ollada para ver que había dentro, e para a súa sorpresa, topáronse con dúas perritas recentemente nadas dentro dunha bolsa a piques de morrer por asfixia.
Unha vez liberadas, chamaron a Protección Civil e Cristina, xunto con outra compañeira, encargouse de ir ao lugar onde se atopaban e recoller aos animais.
"Como a chica que os encontrou ten unha cadela recién parida, deulle de comer, pero dixo que non podía quedarse con elas porque xa ten catro cans", dixo Cristina. Unha vez recuperaron forzas, decidiron levalas á protectora de Armenteira (CAAN) onde están actualmente en perfecto estado.
Esta non é a primeira vez que tanto Cristina como os seus compañeiros atópanse con episodios como este xa que, hai uns meses, topáronse con cinco cachorros diante do Concello en peores condicións. "Non ten perdón de dios", concluíu a técnico.
Relacionadas:
-
Os cachorros encontrados nun contedor de Cuntis evolucionan favorablemente no CAAN grazas a Rula
Por Almu Dapena |
-
Os animalistas apostan por pequenos centros de acollida de xestión pública fronte á "macrocanceira" da Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación remodelará as instalacións do centro de acollida de animais de Armenteira
Por Oskar Viéitez |
-
Queixas veciñais polo abandono do estanque do Parque de Pasarón
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Abandono en Pontevedra: atopan un hamster dentro dunha caixa no paseo de A Xunqueira
Por Almu Dapena |