Listo o novo sistema de auga potable en Xesta para abastecer 160 viviendas
Por
Cun investimento que rolda os 150.000 euros, financiada polo Plan Concellos da Deputación, realizáronse as obras de construción do novo sistema de abastecemento de auga potable para Xesta, no Concello da Lama.
O alcalde Jorge Canda visitou as instalacións para supervisar o remate dos traballos que cubrirán as necesidades actuais de 160 vivendas e a achega acuífera incorporada ao depósito principal dispón de capacidade para dar subministración a máis do dobre de residencias.
Os traballos realizados permiten incorporar aos usuarios do anterior sistema de abastecemento de auga e soporta a inclusión de novos demandantes, que terán que solicitar a inclusión na traída.
O alcalde mostrou a súa satisfacción por estes traballos que garante a subministración de auga durante un século cun sistema que ofrecerá un uso máis racional da auga.