O Concello renova as cunetas e pequenos accesos en cinco parroquias
Por Redacción
O Concello de Cerdedo-Cotobade vén de rematar por completo a execución dun proxecto de construción de cunetas e de renovación ou creación de pequenos accesos a zonas residenciais en cinco parroquias do municipio que se corresponde cun primeiro lote de obras enmarcado nun plan con catro liñas de actuación que suporá un investimento de 475.000 euros
En concreto, acometéronse renovacións na capa de rodadura, limpeza de marxes e construción de cunetas e canalizacións e execucións de ensanchamentos nas parroquias de Carballedo, Loureiro, Aguasantas, Rebordelo e Valongo e agora continuarán, en sucesivos lotes, por San Xurxo de Sacos.
As actuacións máis destacadas consistiron na creación de beiravías en Rebordelo e Frade e un novo acceso no lugar de Famelga, na parroquia de Aguasantas.
Tamén houbo melloras ao abeiro desta quenda de obras, enmarcada no Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, en Trabazo, parcelaria de Carballedo, Atalaia, Paraños, A Vilalén, O Barral, As Cerdeiriñas, no núcleo central de Valongo e A Costa.
"Seguimos dando cumprida resposta ás demandas dos veciños e, desta volta, en vez de apostar por pequenas actuacións, decidimos preparar un gran proxecto orientado especialmente á creación de cunetas que beneficiou a moitos puntos do municipio pero especialmente a Loureiro e Rebordelo", indicou o alcalde, Jorge Cubela, que explicou que a construción destas marxes seguirase extendendo paulatinamente polo resto do territorio.
O rexedor explicou que tamén están en marcha, e nalgúns casos a piques de rematarse, outros proxectos de mellora de infraestruturas viarias en Tenorio, Vilanova e Viascón.
Relacionadas:
-
Ensanchan un camiño en Vilanova de Tenorio para mellorar o acceso a quince vivendas
Por Redacción |
-
Melloras de pistas con instalación de varandas de seguridade en Viascón
Por Redacción |
-
Finalizan as obras do Plan de Vias de Carballedo
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade activa un plan de mellora en pistas de catro parroquias
Por Redacción |