Detido en Marín por danar o coche da súa exmuller e quebrantar unha orde de afastamento
Por Oskar Viéitez
Axentes da Policía Nacional adscritos á comisaría de Marín detiveron a un home como presunto autor de varios delitos de danos así como dun delito de quebrantamento de condena.
Segundo informaron fontes oficiais da Policía Nacional, a prexudicada denunciou nesta comisaría os danos reiterados sufridos no seu vehículo, estacionado na vía pública, producidos nun curto período de tempo, danos na pintura e a carrocería que foron valorados en 2.000 euros.
A vítima expresou a súa preocupación ante o temor de que lle sucedese algo a ela ou aos seus fillos, o que lle obrigaba a cambiar a súa rutina diaria.
Por todo iso os axentes pertencentes á Policía Xudicial iniciaron as investigacións para aclarar os feitos, e tras varios dispositivos de vixilancia, lograron identificar a un home que resultou ser o ex-marido da denunciante, que ademais de producir os danos no vehículo, quebrantaba unha orde de afastamento imposta como pena polo Xulgado.
Os axentes detivéronlle e puxérono ao dispor da autoridade xudicial.