Sufocan dous incendios forestais en Cuntis e Sanxenxo
Por Oskar Viéitez
O servizo municipal de Emerxencias do Concello de Cuntis participou este venres na extinción dun incendio forestal no lugar de O Caeiro, na parroquia de Arcos de Furcos.
Na súa extinción traballaron dúas motobombas, unha brigada da Xunta, efectivos do Servizo municipal de Emerxencias de Cuntis e unha axente Forestal, así como o helicóptero da Consellería de Medio Rural con base en Silleda.
Dase a circunstancia de que o pasado venres tamén houbo outro incendio no lugar en Troáns, producido ás 1.25 horas e quedando extinguido ás 6.30 horas. Arderan 1,1 hectáreas de monte arborado. Na súa extinción traballaron tres axentes, dúas brigadas e tres motobombas.
SANXENXO
E ás catro da madrugada deste venres, en Sanxenxo. Rexistrouse en Dorrón un incendio forestal nas inmediacións do campo de fútbol.
No lugar dos feitos traballaron toda a madrugada dúas cuadrillas, tres motobombas da Xunta e os camións do servizo de emerxencias municipal. Sobre as 7.30 horas, o incendio quedou extinguido e o perímetro foi asegurado.
O Concello de Sanxenxo estimou que a área afectada supera as 11 hectáreas.