Dúas persoas detidas nun pequeno operativo da Garda Civil contra o tráfico de drogas en Poio
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Garda Civil de Pontevedra detivo este venres dúas persoas ás que atribúen un delito contra a saúde pública por presuntamente dedicarse á venda de droga e interveu unha pequena cantidade de substancia estupefaciente.
Os arrestos producíronse no marco dun pequeno operativo antidroga realizado por axentes da compañía de Pontevedra da Garda Civil ao longo da xornada na zona de Chancelas, en Poio.
O eixo central do operativo foi un rexistro realizado pola mañá polos axentes nunha propiedade de Chancelas, no que interviñeron esas pequenas cantidades de droga e, a continuación, procederon á detención dun individuo.
Xa pola tarde, foi detida a parella deese pri meiro detido. Esta segunda arrestada quedou en liberdade despois de prestar declaración ante a Garda Civil na Comandancia de Pontevedra.
Os detidos, dos que non transcenderon detalles identificativos, están relacionados con outra persoa que fora detida semanas atrás pola Garda Civil cando transportaba cocaína a bordo dunha moto.
Este operativo chamou a atención de veciños e condutores que circulaban pola zona a partir das nove e media da mañá deste venres e ata ben entrado o mediodía, pois supuxo un importante despregamento de medios e axentes.