Novas incidencias eléctricas no centro urbano durante a final do Mundial de baloncesto
Por Anxo Lourido
Os representantes de Naturgy presumen ante as autoridades locais e autonómicas de que Pontevedra conta cun dos mellores servizos de subministración eléctrica de España. Moitos afeccionados ao baloncesto rexeitarán esta afirmación despois do sucedido este domingo. Durante a final do Mundial do deporte da canastra que, ás 14.00 horas, disputaban a selección arxentina e a española rexistráronse ata tres cortes eléctricos de escasa duración pero que provocou o malestar das persoas que nese momento estaban a ver o encontro ou facendo calquera outro uso de aparellos eléctricos, coincidindo ademais co horario do xantar.
A situación chegou mesmo a provocar reaccións entre indignadas e divertidas nas redes sociais:
Espero que no sea un boicot al patrocinador de la @SeBaloncesto (@Endesa)
— Jorge (@xvrxo) September 15, 2019
@NaturgyClientEs levamos tres cortes de luz no que vai de día na zona de Eduardo Pondal en Pontevedra.
— anxoseren (@anxoseren) September 15, 2019
1° haberá máis?
2° cando vos pensades desculpar pola chapuzada de servizo que dades en Pontevedra?
Estes cortes de luz producíanse na contorna da rúa Eduardo Pondal, onde xa durante a mañá do sábado rexistrouse outro corte de similares características.
Máis sorprendente foi o corte, ao redor das 18.30 horas do domingo, nas rúas próximas a San Antoniño. Alí rexistrábase un apagamento superior a un cuarto de hora nunha zona castigada habitualmente por frecuentes cortes na subministración eléctrica.
A incidencia, segundo indicaron os veciños desas rúas, debíase ao operativo iniciado pola empresa Elecnor Infraestruturas para realizar o cambio do transformador eléctrico que se atopa instalado na rúa Lepanto, que sufrira unha avaría o 1 de setembro deixando sen luz durante máis de catro horas ao centro urbano.
Pontevedra está a sufrir numerosos apagamentos en horas punta durante este verán, o que levou ao delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís e ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a pedir explicacións a Naturgy, empresa encargada do servizo.
Relacionadas:
-
Naturgy alerta dun corte de luz este domingo na contorna de San Antoniño para "continuar mellorando a calidade do servizo"
Por Anxo Lourido |
-
Unha nova avaría deixa sen luz a 850 casas de Mourente, Marcón e Tomeza
Por Redacción |
-
Naturgy volve fallar: novo apagamento no centro urbano de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Animan aos afectados a reclamar indemnizacións polos cortes de luz
Por Alejandro Espiño |
-
Lores reúnese con Naturgy tras os continuos cortes de luz e avisa: "haberá que resarcir aos usuarios"
Por Natalia Puga |
-
Indignación contra Naturgy en Pontevedra ante o enésimo apagón na cidade
Por Redacción |
-
Naturgy asegura que Pontevedra está "entre as primeiras de España" en calidade de subministración eléctrica
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello considera unha "tomadura de pelo" os cortes de luz e esixe solucións a Naturgy
Por Alejandro Espiño |
-
Novo corte eléctrico de máis de 4 horas de duración no centro da cidade
Por Redacción |
-
Dúas avarías provocan cortes de luz, algúns de máis de 3 horas, en numerosos puntos da cidade
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Concello insta a Naturgy a revisar as instalacións de Pontevedra tras os cortes de luz dos últimos días
Por Natalia Puga |
-
Unha incidencia na liña eléctrica deixa sen luz a 2.000 usuarios do centro de Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Unha incidencia na liña eléctrica causa cortes de luz a máis de 2.000 clientes no centro da cidade
Por Diego Espiño |