A Policía Local de Marín é a primeira en recibir formación en violencia de xénero
Por Redacción
Unha ducia de integrantes da Policía Local de Marín, ademais do persoal do Centro de Información á Muller (CIM), recibiron durante toda esta pasada semana o curso de formación en violencia de xénero que ofrece a Xunta de Galicia, co obxectivo de garantir unha atención integral ás vítimas.
Dos 60 cursos ofertados polo Goberno autonómico, o impartido en Marín foi o primeiro de todos, repartido en dúas sesións diarias de xornada completa, concretamente o mércores e o xoves. A iniciativa, levada a cabo pola Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), en colaboración ca Secretaría Xeral de Igualdade, enmárcase nas actuación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Na formación, os axentes da Policía Local adquiriron coñecementos sobre o tratamento policial das vítimas de violencia de xénero e sobre os protocolos de actuación que se deben seguir para evitar ou responder ante unha agresión machista.
Asimesmo, impartíronse contidos relacionados coa perspectiva de xénero e a atencións psicolóxica ás vítimas.
O equipo docente destes cursos está composto por máis de 40 profesionais especializados en igualdade e procedentes de diversos campos, como a avogacía, a psicoloxía ou do propio corpo de seguridade.
Relacionadas:
-
Marín suma 39 casos activos de violencia de xénero, once rexistrados este ano
Por Redacción |
-
O psicólogo Javier Urra imparte unha charla sobre empoderamento feminino
Por Redacción |
-
Detido en Marín por danar o coche da súa exmuller e quebrantar unha orde de afastamento
Por Oskar Viéitez |
-
O San Migueleiro contará cunha caravana morada para combatir as agresións sexuais
Por Redacción |