Emerxencias Sanxenxo elimina no que vai de ano 229 niños de velutina
Por Redacción
O servizo de Emerxencias de Sanxenxo eliminou un total de 229 niños de velutina no que vai de ano.
Do total de niños retirados 46 atopábanse na parroquia de Adina, e 41 en Vilalonga e 40 en Dorrón. O resto de parroquias tiveron unha menor cantidade de niños.
O mes de maior actividade foi o mes de agosto, con 88 niños, seguido de xullo con 79. Esta semana retiraranse un total de 28 niños.
Desde o Concello de Sanxenxo apuntan que as intervencións para a retirada de niños desta especie invasora seguen en crecemento ano tras ano.
Igualmente destacaron a importancia da prevención nesta loita. Así, Toño Folgada, responsable do servizo destaca que "sabemos que co trampeo non as imos a capturar todas, pero si trataremos de frear o seu avance".