Mellora do carreiro entre Xende e Liñares, na Lama
Por Redacción
Cun investimento de máis de 40.600 euros, a Consellería de Cultura e Turismo realizou obras de mellora do carreiro entre Xende e Liñares, no Concello da Lama.
Este martes, o delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Cores Tourís visitaba as obras destinadas a mellorar as infraestruturas turísticas. O alcalde Jorge Canda tamén realizou o percorrido por varios tramos comprobando a instalación de sinais nun roteiro na que existen varios carreiros naturais que foron enlazados para potenciar o patrimonio etnográfico, relixioso e cultural que se atopa próximo ao río Xesta, onde destaca especialmente a fervenza de Liñares.
Con estas obras, o Concello da Lama presentará este roteiro para que se homologue na Federación Galega de Montañismo, unha formalidade que permitará que máis afeccionados ao sendeirismo e turistas achéguese a este espazo.
Entre outras intervencións, pavimentáronse tramos con saburra artificial para evitar que a choiva convertese algunhas zonas en perigosas para o tránsito. Ademais instaláronse pasarelas de madeira con varandas.