O punto móbil do Galp recolle máis dun centenar de propostas
Por Redacción
O porto de Portonovo e as inmediacións do mercado de Bueu foron os lugares escollidos para a instalación dun punto informativo do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Pontevedra nos últimos días.
O GALP da Ría de Pontevedra colabora coa Consellería do Mar na xestión do Fondo Europeo Marítimo y de Pesca destinado ao desenvolvemento dos seis concellos da Ría de Pontevedra (Meaño, Sanxenxo, Poio, Pontevedra, Marín e Bueu).
Estes puntos informativos forman parte do programa de eventos participativos para recoller ideas para investir o orzamento dispoñible entre 2020 e 2021.
Esta entidade ten coma principais retos a protección e divulgación do patrimonio cultural, mellora da calidade ambiental ou competitividade do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola.
As conclusións deste traballo de campo presentaranse o vindeiro día 5 de outubro nun evento público que terá lugar no Centro Social do Mar en Bueu.