Ponte Caldelas ofrece dúas parcelas na Reigosa para crear un parque de bombeiros
Por Redacción
Dous terreos no polígono da Reigosa que, xuntos, suman 7.482 metros cadrados. É o espazo que ofrece de xeito gratuíto o Concello de Ponte Caldelas para a creación dun parque de bombeiros ou un 'subparque' dependente doutro que cubra a resposta ás emerxencias en Ponte Caldelas, A Lama e Cerdedo-Cotobade.
Os terreos que Ponte Caldelas pon a disposición da Xunta ou da Deputación de Pontevedra, segundo o plan sectorial do polígono, poden destinarse a edificio social, comercial, servizos administrativos, culturais, sanitarios, bombeiros ou policía.
O alcalde, Andrés Díaz, considera que é un espazo "idóneo" para a construción dun parque de bombeiros que, segundo sinalou, resolvería mellor os problemas deste ámbito da provincia que unha posible comarcalización do parque de Pontevedra.
Díaz recorda que no caso de ter unha emerxencia no seu concello os bombeiros veñen, a día de hoxe, ou de Bueu ou de Ribadumia, co cal "estamos falando dun tempo de resposta mínimo dunha hora, nunha emerxencia non podemos agardar tanto tempo, é unha barbaridade".
Tendo en conta os tempos de resposta, dende o Concello de Ponte Caldelas teñen sempre a disposición dos veciños un coche bomba forestal cargado e un operario de garda por se houbese que saír a calquera emerxencia.
O alcalde asegura que os tempos de resposta nestes casos "son moi importantes" por iso este vehículo busca axudar aos veciños "sempre que o precisen". Iso si, Andrés Díaz sinala que as persoas que asisten a estas emerxencias son operarios municipais, polo que non son bombeiros profesionais.
Relacionadas:
-
Un GES con base na Lama atenderá tamén a Ponte Caldelas, Cerdedo-Cotobade e Fornelos
Por Redacción |
-
Xestur saca á venda solo empresarial na Reigosa a prezo rebaixado
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva recrimina ao PP dous anos de mentiras sobre a comarcalización dos bombeiros
Por Natalia Puga |
-
O BNG pide un parque de bombeiros no interior da provincia para os concellos de sombra
Por Redacción |
-
O BNG propón a construción dun novo parque de bombeiros que dea solución aos concellos do interior
Por Redacción |
-
O PP reclama á Deputación que poña fondos para comarcalizar o parque de bombeiros de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG pide que a ubicación do parque de bombeiros atenda a criterios técnicos "e non a ofertas individualistas"
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas ofrecerá cursos gratuítos de informática para os seus veciños
Por Redacción |
-
Os concellos do interior reclaman a mellora do servizo de emerxencias
Por Oskar Viéitez |